Saturday 04 de May de 2024

O Teatro Rosalía ábrelle as súas portas á obra “Adiós Arturo” da compañía teatral “La Cubana”


 

A compañía, que acaba de cumprir 40 anos sobre os escenarios, representará a súa última obra na Coruña desde mañá ata o domingo

O concelleiro de Educación e Cultura, Jesús Celemín, asistiu esta mañá á presentación da obra teatral “Adiós Arturo” da compañía “La Cubana” nas inmediacións do Teatro Rosalía (A Mariña), onde estarán representando a súa última obra desde mañá ata o domingo.

Na presentación, o concelleiro animou a todas as coruñesas e coruñeses a ver esta exitosa obra que xa leva 30 cidades visitadas no seu ano de vida. “Adiós Arturo” ten como protagonista a un coruñés de nacemento, un vínculo que, sen dúbida, fará que o público coñeza o verdadeiro guión da vida de Arturo Cirera Mompou: escritor, pintor, escultor, coleccionista de arte, poeta, compositor musical, dramaturgo, actor e director coruñés.

Celemín deu paso á intervención de Jordi Milán, director da compañía “La Cubana” e tamén escritor e director da obra teatral que interpretan 10 actrices e actores. Milán agradeceu volver estar na Coruña despois de 12 anos desde a súa última visita.

Despois da Coruña, a obra visitará Vigo e posteriormente fará tempada en Madrid, para rematar finalmente a xira en Barcelona a finais do 2020.